orientación

< orientar
Pliral: orientacións
  1. s f XEOG
    1. Determinación da posición dunha persoa ou cousa con relación aos puntos cardinais.
    2. Determinación do lugar onde se atopa unha persoa ou cousa.
    3. Dirección que hai que seguir.
  2. s f RELIX/ARQUIT Actitude relixiosa que consiste en orar en dirección á saída do sol ou ben de cara a algún santuario importante.
    1. s f Consello, suxestión ou información que alguén dá sobre algo.
    2. orientación escolar EDUC Proceso mediante o que se suxire e aconsella sobre as posibles solucións aos problemas polos que atravesa un alumno ou centro escolar.
    3. orientación profesional SOCIOL Proceso polo que unha persoa ou institución aconsella a outra persoa sobre a elección da súa profesión.

Citas

  • Necesito da túa orientación para saber que carreira elixir
  • Ten moi mala orientación e sempre se perde