organicismo

< orgánico
Pliral: organicismos
  1. s m FILOS Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, que afirma que a vida é o resultado da organización.
  2. s m MED Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.
  3. s m SOCIOL Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos.
  4. s m PSIQ Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.