opresión

< lat oppressĭōne
Pliral: opresións
  1. s f Acción e efecto de oprimir.
  2. s f Acción política que exerce un abuso de autoridade e na que os cidadáns son desposuídos dos seus dereitos fundamentais.
  3. s f Sensación que experimentan algúns enfermos por falta de aire ou por dificultades respiratorias.

Citas

  • Para liberarse da opresión marchou do país
  • Sempre loitou contra calquera forma de opresión

Refranes

  • A quen medo lle teñen, o seu lle dan.
  • O que moito espreme, chega a sacar sangue.