sfAcción que implica a aplicación dun principio ou unha regra, especialmente como parte dunha serie de accións ou dun plan.
sfMEDIntervención directa sobre certas partes do corpo danadas co fin de eliminalas total ou parcialmente, facerlles algunha corrección ou substituílas por outras artificiais ou procedentes doutras persoas.
sfECONTransacción comercial, sexa de funcionamento xeral (operación bancaria) ou estritamente especulativa (operación de bolsa).
MAT
operación inversaAplicación que, en certas operacións, dado un resultado e un dos factores, fai corresponder o outro factor.
operación lóxicaOperación non aritmética que constitúe a base técnica da lóxica electrónica. Son a negación ou complemento (operación NON), a intersección, conxunción ou produto lóxico (operación E), e a reunión, unión ou suma lóxica (operación OU, tamén chamada OU inclusivo).
operación ternariaOperación entre tres elementos.
operación unívocaOperación que conduce a un único resultado.
sfAplicación do produto cartesiano de dous conxuntos noutro conxunto.
operación aritméticaSuma, resta, multiplicación ou división.
operación binariaOperación entre dous elementos.
operación directaAplícase á adición, á multiplicación, á potenciación e á derivación cando son consideradas en relación ás súas inversas respectivas, a subtracción, a división, a radicación e a integración.
sfBÉLConxunto de accións militares que levan a cabo diversas unidades militares para cumprir cunha finalidade determinada, de acordo cun plan establecido previamente.
sfINFORMCalquera acción ben definida, en especial a obtención dunha información a partir dun ou máis datos.
operación de simetríaFÍS/XEOLMovemento que, aplicado a unha figura ou corpo, fai que este quede nunha posición que non pode ser distinguida da posición orixinal.