opaco -ca

< lat opācu
Pliral: opacos Masculino: opaco Masculino plural: opacos Femenino: opaca Femenino plural: opacas
  1. adx FÍS
    1. Que non deixa pasar a luz.
    2. Que non deixa pasar algún tipo de radiación.
  2. adx Que non ten brillo.
  3. adx Que non está claro ou que é difícil de entender.

Citas

  • A súa voz opaca amosaba moita tristura
  • Colocou un material opaco nas fiestras para que non entrara a luz
  • Eses vasos xa están todos opacos de tanto fregalos
  • O seu razoamento era un tanto opaco
  • Os técnicos de raios do hospital teñen que levar unha vestimenta opaca