anticorpo

< anti- + corpo
Pliral: anticorpos
  1. s m BIOL Globulina do sistema gamma con capacidade de unión específica cun determinado antíxeno, provocando a súa neutralización ou ben orixinando unha reacción de sensibilización cutánea inmediata.
  2. anticorpo monoclonal/monoespecífico BIOL Anticorpo inducido por cultivo in vitro dunha célula híbrida –ou pola liña celular por ela xerada– constituída pola fusión dun linfocito sintetizador de anticorpos específicos cunha célula procedente dun mieloma.