anticipación

< lat anticipatiōne
Pliral: anticipacións
  1. s f Acción e efecto de anticipar ou anticiparse.
  2. s f FILOS Imaxe ou pensamento do xeral que se dá espontaneamente coa percepción do particular e serve para detallar despois o seu coñecemento.
  3. s f MÚS Nota que soa antes do acorde ao que pertence.
  4. s f Fenómeno psíquico en virtude do cal o suxeito vive o futuro.
  5. anticipación de funcións públicas DER Delito consistente no exercicio dun cargo ou función pública sen ter dado fianza, sen ter feito o xuramento ou promesa establecido legalmente ou en admitir a quen non cumpriu as formalidades indicadas.

Sinónimos

Citas

  • Ós Ancares, non podemos ir (e non podemos dicir * Aos Ancares, non podemos ir alí)