ofiuroideo -a

< lat científico Ophiura, xénero de equinodermos
Pliral: ofiuroideos Masculino: ofiuroideo Masculino plural: ofiuroideos Femenino: ofiuroidea Femenino plural: ofiuroideas
  1. adx Relativo ou pertencente aos ofiuroideos.
  2. s m ANIMAL Equinodermo da clase dos ofiuroideos.
  3. s m pl ANIMAL Clase de equinodermos bentónicos formada por animais de corpo estrelado, cun disco diferenciado dos brazos, longos, serpentiformes e provistos de placas articuladas.