ofidio -dia

< gr ὅ φιδιον
Pliral: ofidios Masculino: ofidio Masculino plural: ofidios Femenino: ofidia Femenino plural: ofidias
  1. adx Relativo ou pertencente aos ofidios.
  2. s m ANIMAL Réptil da suborde dos ofidios.
  3. s m pl ANIMAL Suborde de réptiles escamudos, que teñen o tronco e a cola moi longos e de sección circular, carecen de extremidades, están recubertos por un estrato de escamas córneas, que renovan varias veces ao ano, e posúen un ou dous pares de dentes provistos dun canal, polo que flúe o veleno.