smProfesión ou actividade laboral que desenvolve unha persoa.
smComunicado que se fai por escrito e que provén dunha autoridade ou dun organismo estatal.
smFunción que desempeña unha cousa.
RELIX
smMisa maior ou cantada.
smConxunto de funcións relixiosas de festividades sinaladas.
oficio divinoCelebración da pregaria cristiá, establecida para diferentes momentos da xornada, que desde a reforma litúrxica do Concilio Vaticano II se denomina liturxiadashoras.
oficio eclesiásticoCargo constituído establemente por dereito divino ou eclesiástico que fai partícipe do poder da orde ou de xurisdición dentro da Igrexa.
pequeno oficioForma abreviada do oficio divino, en honra sobre todo da Nai de Deus.
smRELIXNome dado a un tribunal eclesiástico.
smDERComunicación entre funcionarios e autoridades de diferentes ordes.
Citas
Antón sempre traballou no seu oficio, o de carpinteiro
As clases de lingua teñen o oficio de ensinarnos a falar e a expresarnos mellor
O oficio de tallador é un dos máis complicados, esixe moita paciencia
O xulgado de Santiago mandou un oficio a todos os concellos que son da súa competencia
Refranes
Abella e ovella e pedra que trebella.
Bo oficio é o que mantén a quen o ten.
Home de moitos oficios, pouca ganancia.
Muller costureira e home troiteiro; nin boa meda nin bo palleiro.
Nin muíño sen rodicio, nin home sen oficio.
No verán faite taberneira e no inverno panadeira.
O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
O caldeireiro do ferro fai diñeiro.
Ó que ha morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
O tendeiro, que o seu trato non entenda, que cerre a tenda ou que a venda.
Oficio de concello é honra sen prdveito.
Oficio que non dá de comer ao seu amo, non vale un ichavo.
Para muiñeiro, fomeiro e hortelán non hai ano sen pan.
Quen queira ter un fillo pillo, que o meta a monaguillo.
Quen ten oficio non morre de fame.
Quen ten oficio ten beneficio para o seu servicio.