oferta

< lat v *offerta, p pres oferre ‘presentar’
Pliral: ofertas
  1. s f Proposta que se fai a alguén para chegar a un acordo nun trato.
  2. s f ECON Cantidade de produtos que, nun momento determinado, compiten nun mercado para ser vendidos.
  3. s f
    1. Prezo rebaixado co que se pon un produto á venda.
    2. Produto cun prezo rebaixado.
  4. s f DER Proposición unilateral que unha persoa fai a outra para establecer un contrato.
  5. s f RELIX Cousas que se presentan ou se dan ao cura como sacrificio expiatorio ou para contribuír aos gastos do culto.
  6. oferta pública de adquisición ECON Operación de compra dunha sociedade, cotizada en bolsa, mediante apelación pública.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Miña nai atopa sempre as mellores ofertas
  • Nese supermercado o deterxente está de oferta toda a semana