ocultación

< lat occultatĭōne
Pliral: ocultacións
  1. s f Acción e efecto de ocultar ou ocultarse.
  2. s f ASTRON Paso dun astro próximo á Terra por diante doutro astro máis afastado, aparentemente máis grande e máis luminoso.
  3. s f DER Encubrimento dunha cousa que legalmente se debe manifestar á autoridade ou ao funcionario que o pregunta por razón do seu cargo.

Refranes

  • Cando comía todo, a miña muller mo escondía: e agora que non podo comer, todo mo deixa ver.
  • Co que te has de honrar, non o teñas detrás do lar.
  • Debaixo da manta moito se esconde e moito se tapa.
  • Quéimese a casa e non saia fume.