observación

< lat observatiōne
Pliral: observacións
  1. s f Acción de observar.
  2. s f Comentario ou indicación que se fai sobre algo ou alguén.
  3. s f FILOS Método científico que se diferencia da experimentación en que non hai intervención do suxeito cognosciente para modificar as condicións do fenómeno.
  4. s f MAR Medida efectuada polo piloto dunha embarcación, que permite a determinación da posición e do rumbo.

Citas

  • Fíxolle algunhas observacións sobre o seu comportamento