obra

< lat opĕra ‘traballo’
Pliral: obras
  1. s f Aplicación da actividade humana a un fin.
  2. s f
    1. Resultado da aplicación da actividade a un fin.
    2. Conxunto das producións artísticas, literarias ou teatrais dun autor.
    1. s f Aquilo en que se traballa, especialmente edificio que se está a construír.
    2. s f Lugar en que se constrúe algunha cousa, especialmente un edificio.
    3. obra de fábrica CONSTR Obra feita con pedra, ladrillo ou formigón que forma parte da construción dunha vía de comunicación.
    4. obra ao óso CONSTR Obra realizada en seco, sen argamasa nin morteiro.
    5. obra vista CONSTR Obra, parede ou piar, construída con pedras ou ladrillos de cara vista.
    6. obras públicas / DER/ADM Obras de uso e aproveitamento xeral e construcións destinadas a servizos que corren a cargo de organismos da administración.
  3. s f Reparación, reforma ou calquera outro traballo de albanelaría.
  4. RELIX
    1. s f Acción humana en canto á súa conformidade cos deberes morais e relixiosos.
    2. obra pía Institución de beneficencia de carácter relixioso.
  5. MAR
    1. s f Parte en que está dividido o buque.
    2. obra morta Parte do casco dun buque comprendida desde a liña de flotación ata a borda, e todo o que está sobre esta.
    3. obra viva Parte do casco dun buque comprendida entre a quilla e a liña de flotación.

Citas

  • A cafetaría non abrirá a próxima semana porque vai estar en obras
  • A obra dos principais autores galegos atópase nesta biblioteca
  • Está en escena unha obra con moi boas críticas
  • Esta novela é a súa mellor obra
  • Expuxeron varias obras de Dalí, Gravaron un disco coas mellores obras de Falla
  • Foi á obra para saber como estaba o traballo,3
  • O roubo foi obra dunha banda de delincuentes, Ese feito só pode ser obra túa
  • Xa están traballando no último piso da obra, A obra aínda non está rematada, falta un lateral

Frases hechas

  • De obra. Con feitos e non con palabras.
  • Por obra de. Por intervenci

Refranes

  • Obreiro en xaneiro pan che comerá e obra non che fará.

Palabras vecinas