pron persSubstitúe a un nome, un pronome, unha oración ou un enunciado que acaba de ser expresado ou que se vai expresar. OBS: Pode presentar as variantes combinatorias lo(s),la(s) e no(s),na(s). As variantes lo(s),la(s) úsanse cando o pronome é enclítico dunha forma verbal ou pronominal rematada en -s ou en -r, e tras o adverbio u. As variantes no(s),na(s) úsanse tras as formas rematadas en ditongo e as formas o(s),a(s) no resto dos casos.