nutación

< lat nutatĭōne
Pliral: nutacións
  1. s f ASTRON Movemento de oscilación do eixe da Terra que se sobrepón ao movemento de precesión, que é o que orixina que cada un dos polos do eixe da terra describan, sobre a esfera celeste, unha liña circular arredor do polo da elíptica.
  2. s f BOT Cambio espontáneo e rítmico da posición dun órgano vexetal, que é causado polo crecemento desigual e alternante dos seus dous lados.
  3. s f FÍS Movemento harmónico, en xeral de forma elíptica, que describe o eixe de xiro arredor da súa traxectoria mediana de precesión, nun corpo en rotación.
  4. s m MED Acurtamento do promontorio na sínfise púbica, por rotación do sacre arredor dun eixe que pasa polo segundo tubérculo conxugado.
  5. s f PAT Oscilación da cabeza, propia do tremor senil.

Palabras vecinas