smResultado de contar as cousas que forman un conglomerado ou calquera dos entes abstractos que resultan de xeneralizar este concepto.
smalgarismo.
número alxébricoNúmero que é solución dunha ecuación alxébrica racional.
número aritméticoNúmero sen signo.
número cadrado/cadrado perfectoNúmero enteiro que é igual a outro número enteiro elevado ao cadrado.
número cardinalNúmero que expresa a cantidade de elementos dun conxunto.
número complexoNúmero que se expresa como a suma dun número real e dun número imaxinario, en forma de polinomio de primeiro grao en i, a+bi.
número compostoNúmero que consta de máis dunha cifra.
número de ouronúmeroáureo.
número decimalNúmero racional que, multiplicado por unha potencia positiva de 10, dá un número enteiro.
número díxitoNúmero que, no sistema de numeración decimal, consta dunha soa cifra.
número ee.
número enteiroNúmero que determina cantidades non fraccionables en partes máis pequenas ca a unidade.
número fraccionario/quebradoNúmero racional non enteiro.
número hipercomplexoElemento dun espazo vectorial de máis de dúas dimensións onde está definido, ademais da adición característica dos espazos vectoriais, un produto que lle dá unha estrutura de anel.
número imaxinarioNúmero que non pertence ao campo dos números reais e que equivale á raíz cadrada de números negativos. A unidade imaxinaria represéntase por i, e vale Ö—-1 .
número imparNúmero enteiro que non é múltiplo de dous.
número irracionalNúmero real que non pode expresarse mediante unha fracción ou un número enteiro.
número mixtoNúmero que se expresa como a suma dun número enteiro e un número fraccionario.
número naturalNúmero que serve para contar os elementos dun conxunto e no que se definen as operacións de adición e de multiplicación, pero non sempre son posibles as súas inversas.
número negativoNúmero menor que o cero.
número ordinalNúmero que expresa o lugar nunha sucesión de obxectos.
número parNúmero enteiro que é múltiplo de dous.
número perfectoNúmero enteiro que é igual á suma de todos os seus divisores agás el mesmo.
número periódicoNúmero decimal en que algunha cifra se repite indefinidamente.
número pipi.
número positivoNúmero maior ca o cero.
número primoNúmero enteiro que soamente é divisible por el mesmo e pola unidade.
número racionalConxunto de fraccións equivalentes que representan unha mesma cantidade, enteira ou non.
número realNúmero que se obtén ao medir magnitudes continuas.
número transcendenteNúmero real non alxébrico.
números amigos/amigablesParella de números que cumpren que cada un deles é igual á suma dos divisores do outro, agás este outro.
números heteroxéneosNúmeros que non teñen os mesmos factores primos.
números homoxéneosNúmeros que teñen os mesmos factores primos.
números pitagóricosCada unha das ternas de números que son solución da ecuación x 2+y 2=z 2 .
smMATConcepto co que unha cousa é designada dentro dunha serie ou colección.
smCantidade que non se expresa con exactitude.
smCada edición dunha publicación periódica.
smESPECTCada unha das exhibicións, das execucións ou das pezas que compoñen o programa dun espectáculo.
smLINGCategoría gramatical que opón a representación dunha entidade individualizada á representación de máis dunha delas. Afecta aos artigos, substantivos, pronomes, adxectivos e verbos.
smBillete numerado co que se participa na lotaría ou noutros xogos de azar.
sm colAcción realizada por alguén que desexa chamar a atención ou que resulta desagradable e ridícula.
smMembro dun organismo armado, como a Garda Civil ou a Policía, que non ten graduación.
MATTeorema que vén definido polo teorema de Bernoulli e a lei forte dos grandes números.
MATLei que establece que a frecuencia relativa dun acontecemento ao longo de n tentativas converxe cara a probabilidade do acontecemento, para todos os valores comprendidos entre n e un N infinitamente grande.
FÍSNúmero adimensional que se obtén ao establecer a relación entre grupos de magnitudes físicas.
IND/ARTENúmero que sobre o papel ou a película é indicador da produción.
IND/ARTENúmero de referencia que se imprime nos bordos da película por efecto da luz.
CRONnúmeroáureo.
FÍSNúmero de nucleóns dun átomo.
ECON
Saldo acredor da conta de perdas e ganancias.
Situación debedora dun cliente con relación a un banco.
MATParte da matemática que estuda as relacións entre os números enteiros.
Citas
Cando era nena o que máis lle gustaba do circo era o número dos pallasos
Comprei para toda a familia o mesmo número de lotaría
Escribín un artigo para o último número da revista
Montoulle un número no bar porque estaba a falar cun rapaz