nulo

Pliral: nulos
  1. adx DER Que non ten ningunha validez ou forma legal.
  2. adx Que non ten habilidade para facer algo.
  3. adx Que é reducido á nada e polo tanto deixa de existir.
  4. adx DEP Aplícase á proba, exercicio ou intento que é declarado non válido.
  5. adx DEP Aplícase ao combate de boxeo en que ningún dos boxeadores é declarado gañador.
  6. adx MAT
    1. Que vale cero.
    2. Aplícase á matriz en que todos os elementos son cero.
    3. Aplícase á sucesión de números que teñen por límite cero.