núcleo

< lat nuclĕu
Pliral: núcleos
  1. s m Parte principal dunha cousa ao redor da que se desenvolven ou rexen os demais elementos.
  2. FÍS
    1. s m Parte do átomo en que se concentra case toda a súa masa e toda a carga eléctrica positiva, e que está formado por protóns e neutróns.
    2. núcleos espello Parella de núcleos atómicos constituídos polo mesmo número total de nucleóns, pero de tal xeito que o número de neutróns dun é igual ao de protóns do outro.
  3. s m BIOL Glóbulo esférico ou elipsoide que contén a maioría do ADN da célula e que dirixe a síntese celular.
  4. s m XEOL Esfera central da Terra que está situada baixo a descontinuidade de Gutenberg, que a separa do manto e que se estende por debaixo dos 2.900 km.
  5. s m Lugar onde se concentra un maior número de persoas ou actividades.
  6. s m Persoa ou cousa que se converte no centro de atención.
  7. s m Grupo de individuos cunha especial cohesión social, ideolóxica ou política.
    1. núcleo industrial ECON Lugar onde se concentra a industria. As súas características determínanas varios factores, como a facilidade de comunicación, a proximidade das materias primas, a abundancia de man de obra especializada ou barata, as facilidades arancelarias e a vontade do poder político.
    2. núcleo urbano URBAN Sector primitivo dunha cidade arredor do que esta se expandiu.
  8. s m MAT Subconxunto de A, nun morfismo f entre os conxuntos A e B, formado por todos os elementos dos que a imaxe é o elemento neutro de B.
  9. ANAT
    1. núcleo amigdaloide Núcleo de substancia gris que se atopa no extremo lateral do corno descendente do ventrículo lateral do cerebro.
    2. núcleo polposo Núcleo de substancia elástica e xelatinosa.
  10. s m ARQUIT Piar onde encaixan os chanzos dunha escaleira de caracol.
  11. s m PREHIST Parte central dun sílex ou doutra pedra que se utiliza para realizar instrumentos prehistóricos, a partir do que se cortan os bifaces.
  12. s m FÍS Parte dun reactor nuclear onde está o combustible.
  13. METEOR Pequena partícula higroscópica, que abunda na troposfera e sobre a que se depositan as moléculas de vapor de auga cando o contido de vapor do aire está próximo ao punto de saturación.
  14. FÍS Parte do circuíto magnético dun electroimán, dun transformador ou dunha máquina eléctrica arredor do que hai un enrolamento.