smParte principal dunha cousa ao redor da que se desenvolven ou rexen os demais elementos.
FÍS
smParte do átomo en que se concentra case toda a súa masa e toda a carga eléctrica positiva, e que está formado por protóns e neutróns.
núcleos espelloParella de núcleos atómicos constituídos polo mesmo número total de nucleóns, pero de tal xeito que o número de neutróns dun é igual ao de protóns do outro.
smBIOLGlóbulo esférico ou elipsoide que contén a maioría do ADN da célula e que dirixe a síntese celular.
smXEOLEsfera central da Terra que está situada baixo a descontinuidade de Gutenberg, que a separa do manto e que se estende por debaixo dos 2.900 km.
smLugar onde se concentra un maior número de persoas ou actividades.
smPersoa ou cousa que se converte no centro de atención.
smGrupo de individuos cunha especial cohesión social, ideolóxica ou política.
núcleo industrialECONLugar onde se concentra a industria. As súas características determínanas varios factores, como a facilidade de comunicación, a proximidade das materias primas, a abundancia de man de obra especializada ou barata, as facilidades arancelarias e a vontade do poder político.
núcleo urbanoURBANSector primitivo dunha cidade arredor do que esta se expandiu.
smMATSubconxunto de A, nun morfismo f entre os conxuntos A e B, formado por todos os elementos dos que a imaxe é o elemento neutro de B.
ANAT
núcleo amigdaloideNúcleo de substancia gris que se atopa no extremo lateral do corno descendente do ventrículo lateral do cerebro.
núcleo polposoNúcleo de substancia elástica e xelatinosa.
smARQUITPiar onde encaixan os chanzos dunha escaleira de caracol.
smPREHISTParte central dun sílex ou doutra pedra que se utiliza para realizar instrumentos prehistóricos, a partir do que se cortan os bifaces.
smFÍSParte dun reactor nuclear onde está o combustible.
METEORPequena partícula higroscópica, que abunda na troposfera e sobre a que se depositan as moléculas de vapor de auga cando o contido de vapor do aire está próximo ao punto de saturación.
FÍSParte do circuíto magnético dun electroimán, dun transformador ou dunha máquina eléctrica arredor do que hai un enrolamento.