noz

< lat nuce
Pliral: noces
  1. s f
    1. Froito da nogueira, con aplicacións culinarias e en pastelaría, ou consumidas directamente como froito seco.
    2. BOT Froito indehiscente, unilocular e monospermo, de pericarpio leñoso.
    1. s f Froito doutras árbores que ten unha certa analoxía coas noces.
    2. noz moscada BOT Semente da árbore da noz moscada, moi apreciada como especia, da que se obtén tamén un aceite utilizado en farmacia.
    3. noz vómica MED Semente da árbore da noz vómica, tóxica, que contén brucina.
  2. s f ANAT Prominencia que forma a cartilaxe tiroide da larinxe na parte anterior do pescozo.
  3. s f MAR Parte da hélice dun navío pola que é fixada á árbore motora e da que saen as pas.
  4. s f TECNOL
    1. Peza ou parte dunha peza que forma unha prominencia semellante a unha noz.
    2. Peza troncocónica de metal cun burato no medio, que empregan os torneiros para suxeitar a peza que traballan.
  5. s f Peza movible nalgúns instrumentos musicais que serve para tensar as cordas.
  6. s f QUÍM Tipo de fixación dos soportes cilíndricos entre eles, que consiste nun corpo metálico cuns canais perpendiculares que serven para apertar e fixar os soportes.
  7. s f BOT Defecto da cortiza que consiste nunha concreción leñosa que dificulta a manipulación industrial.

Palabras vecinas