novo

Pliral: novos
  1. adx
    1. Que existe, apareceu ou se fixo hai pouco tempo ou por primeira vez.
    2. Que é da última ou últimas colleitas.
  2. adx Que está desde hai pouco tempo nunha situación, lugar ou actividade. Tm s.
  3. adx Que se ve, oe ou aprende por primeira vez.
  4. adx
    1. Que ten pouca idade ou pouco tempo de vida.
    2. Que presenta menos idade en relación a outro.
  5. adx Que está pouco usado ou pouco deteriorado polo uso.
  6. adx Que aparece con posterioridade a algo xa existente para substituílo.
  7. s m pl Mocidade ou xente de menor idade.
  8. ECON Instrumento financeiro da Comunidade Europea (1978) de empréstitos programados pola Comisión Europea para financiar proxectos que favorezan a converxencia económica dos estados membros e a súa integración.