smUndécimo mes do ano, que se inicia polas festas de Todos os Santos e dos Defuntos. Ten 30 días e no antigo calendario romano era o noveno dos meses, feito que lle deu nome.
Refranes
Antes de san Martiño pan e viño, despois de san Martiño fame e frío.
Ata san Martiño aínda pinga o ramalliño; despois do san Martiño, fame e frío.
Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame.
De Santos a Navidade é inverno de verdade.
Dende Santos a Nadal é inverno natural.
Dende Santos a Nadal, inverno caroal.
Despois de san Martiño deixa a auga e bebe o viño.
Entre Santos e Nadal fai inverno camal.
Horta de san Martiño mantén o seu dono e o seu veciño.
No san Martiño remonta cada día un ferradiño.
Ó chegar o san Martiño mátase o porco e próbase o viño.
Polo mes de Santos xa baixa a neve aos campos.
Polo san Andrés neve nos pés.
Polo san Martiño andan as noces a roliño.
Polo san Martiño di o inverno: ¡Alá vou eu!.
Polo san Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño.
Polo san Martiño todo o mosto é viño.
Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
Por san Martiño non plantes fabas nio liño.
Por san Martiño xa se coñece o bo viño.
Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
San Martiño sempre quere o seu granciño, anque sexa pequeniño.
Santos e Nadal, inverno caroal.
¡Bendito mes que empeza con Santos e acaba con san Andrés!
¡Bendito mes que empeza con Santos, media con san Uxío, e remata con san Andrés!
¡Vaites co mes, que empeza con Santos e acaba con san Andrés!