sfObra literaria en prosa, de certa extensión e que narra feitos imaxinarios, total ou parcialmente, enlazados nunha única acción.
LIT
sfXénero literario que está constituído por este tipo de narracións.
novela de aventurasNovela en que predomina a acción sobre a reflexión e en que suceden acontecementos inesperados e mesmo extraordinarios.
novela de cabalarías/cabaleirescaNovela que protagoniza un cabaleiro andante. Tiveron a súa época de esplendor entre os ss XII e XVI.
novela de espíasXénero literario que naceu no s XIX e que adoita ter como temas fundamentais a fuga ou o descubrimento por parte do heroe dunha verdade que se pretende manter oculta por diversos motivos.
novela negraXénero literario que xurdiu en EE UU a finais da década de 1920 que, baseado na estrutura e trama propias da novela policial, incidiu nos aspectos máis turbios da sociedade contemporánea, identificando de maneira máis ou menos explícita os métodos e os obxectivos dos representantes da orde establecida e dos delincuentes. 6
sfFeito extraordinario da vida real que semellan ficción.