sfIndicación que se pon nun documento como aclaración, para advertir ao lector que consulte a anotación correspondente que atopará á marxe, ao pé da páxina ou á fin da obra ou de cada unha das súas divisións.
sfBreve información escrita.
sfIndicación esquemática que se recolle por escrito daquilo que se le, se escoita ou se observa.
sfFactura global ou detallada de gastos.
sfCualificación que se dá por un exame ou avaliación.
sfMÚSSigno gráfico que serve para representar cada un dos sons dunha composición musical e a súa duración.
sfMÚSCada un dos sons dunha composición musical.
sfSinal con que se distingue algunha cousa.
sfBIBLIOTComentario aclarador do contido dun documento que o catalogador pon na ficha principal, a continuación da descrición bibliográfica.
sfDERBreve apuntamento formado sobre os recursos de casación civil por infracción da lei.
sfHIST/DERAsentamento das actas e contratos autorizados polos notarios do s XIII ao s XVIII, que estes rexistraban nos libros notariais.
DERComunicación diplomática asinada que os axentes acreditados tramitan aos gobernos.
MÚSNota equivocada que se produce por unha mala entoación ou por un erro dun ou de diversos intérpretes dunha peza musical.
DERComunicación diplomática, sen sinatura que, a xeito de observación ou de recordo, se dirixen os ministros de Asuntos Exteriores e os axentes acreditados entre eles.
RELIXCaracterísticas que permiten discernir a verdadeira Igrexa fundada por Xesús Cristo. Son tradicionalmente a apostolicidade, a unidade, a santidade e a catolicidade.