sfMATCambio de escala que fai que unha suma ou unha integral teña un valor unidade.
sfIND/ECONDeterminación e aplicación de normas nas características dun obxecto, dun produto industrial ou na súa elaboración ou fabricación coa intención de melloralo.
LINGProceso sociocultural polo que unha lingua se adapta a unha regulación ortográfica, lexical e gramatical (normativización ou estandarización), e accede a ámbitos de uso lingüístico ata ese momento reservados a outra lingua ou variedade (extensión social ou normalización lingüística en sentido estrito).