nórdico

Pliral: nórdicos
  1. adx Relativo ou pertencente ao norte.
    1. adx Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos do N de Europa ou ás súas linguas.
    2. s Natural ou habitante dos países do N de Europa.
    3. linguas nórdicas LING Grupo de linguas xermánicas que comprende todas as linguas escandinavas actuais e as linguas matrices. Inclúe o danés, o sueco, o islandés, o feroés e o noruegués; e o tronco orixinario ou protonórdico.
  2. ANTROP/FISIO
    1. adx Relativo ou pertencente á raza nórdica ou aos seus representantes.
    2. s Individuo da raza nórdica.
    3. raza nórdica Raza do grupo leucodermo que ocupa, basicamente, o N de Europa e presentan dolicocefalia, talle elevado, os ollos e cabelos claros, a pel branca e a fronte oblicua.