nome

< lat nomĭne
Pliral: nomes
    1. s m Palabra ou grupo de palabras que representa unha persoa, un animal ou unha cousa en particular, ou como pertencente a unha determinada categoría. OBS: En gramática tamén se denomina nome común.
    2. nome científico BIOL Nome latino dun taxon establecido segundo as normas da nomenclatura biolóxica.
    3. nome válido BIOL Nome que se utiliza para unha especie que se axusta mellor aos criterios taxonómicos.
    4. nome vulgar BIOL Nome popular que se lle dá a un xénero ou a unha especie na lingua do lugar onde se atopa.
    1. s m Termo que designa de maneira individual unha persoa, animal ou cousa dentro da súa especie. OBS: En gramática tamén se denomina nome propio.
    2. nome de pía RELIX Nome propio que se adoita impoñer en ocasión do bautizo.
  1. s m LING Termo que, na gramática tradicional, designa o substantivo e o adxectivo. Máis estritamente, este termo estivo reservado para o substantivo.
  2. s m p ext Prestixio ou boa fama que unha persoa ten entre a xente.

Sinónimos

Citas

  • Ao congreso asistiron os principais nomes da cirurxía
  • Descoñecemos o nome da especie desta planta
  • Descoñezo o nome desa ferramenta.
  • Era un avogado con moito nome na cidade
  • O seu nome é Mario
  • Pon o nome da rúa no remite

Frases hechas

  • 1 En representaci
  • A nome de Dirixido a unha determinada persoa.
  • En/No nome de loc prep
  • Non ter nome. Ser unha cousa tan indignante que non se pode nomear.
  • 2 En atenci

Refranes

  • Chámanlle ao gancho cousa torta.
  • Dous Xans e un Pedro fan un home enteiro.
  • Non hai home sen nome nin nome sen renome.
  • Non hai mellor home có que corresponde ao nome.
  • Pouco gaña o home que fía no nome.