nogueira

< lat v *nucarĭa
Pliral: nogueiras
  1. s f PLANTA Árbore caducifolia, da familia das xuglandáceas, de cortiza lisa e gris, follas alternas imparipinnadas, flores masculinas en amentos e flores femininas solitarias e froitos, as noces, drupáceos e comestibles. A madeira é moi apreciada en ebanistaría.
  2. PLANTA Árbore da familia das meliáceas, de cortiza gris pálida que se escurece co paso do tempo. A madeira presenta manchas de cor negra.
  3. PLANTA Árbore, da familia da xuglandáceas, de follas compostas e froito negro.

Refranes

  • Deus me dea a nogueira sempre á beira.

Formas incorrectas

nogal

Palabras vecinas