Conxunto dos nobres dun lugar, considerado como unha clase social privilexiada, que por dereito hereditario ou concesión real, goza de determinados privilexios.
Estrato social máis alto no Antigo Réxime.
Refranes
A súa alma na súa palma.
Aquel que de bos vén, por bo se ten.
Cada fillo de veciño ten os seus feitos por padriño.
Conde e condado e cebada para o gado.
Deixemos pais e avós e por nós sexamos bos.
O algo fai o fidalgo, que o sangue todo é vermello.
O fillo do fidalgo, un pe calzo e outro descalzo.
Por nosoutros sexamos bos e non polos nosos avós.
Señorío pobre, señorío podre.
Señoríos vellos e de pouco rango, máis que señoriños, fan señoritangos.