antena

< lat antemna ou antena
Pliral: antenas
  1. s f ZOOL Apéndice cefálico articulado, propio dos artrópodos mandibulados e dos onicóforos, que presenta función sensitiva.
  2. COMUN
    1. s f Dispositivo utilizado nas técnicas de telecomunicación para a captación ou a produción de ondas electromagnéticas.
    2. antena parabólica Antena formada por unha superficie condutora en forma de casco paraboloide; nun dos focos desta están situados o transmisor e o receptor. Emprégase para diversas formas de comunicación.
  3. s f CONSTR
    1. Pau groso e longo plantado na terra verticalmente e cunha polea no seu extremo, que se emprega para izar elementos construtivos.
    2. Pau groso plantado verticalmente que sostén un toldo.
  4. s f MAR
    1. ara longa que se fixa oblicuamente á árbore ou ao bordo da vela latina e que serve para izala e suspendela.
    2. Todo pau fixo e en posición vertical, onde se iza unha bandeira ou calquera outro distintivo.
  5. s f antena anemométrica AERON Tubo de Pilot empregado especialmente nos avións para determinar a súa velocidade.