niño

< lat nidu
Pliral: niños
  1. s m Construción que fan a maioría das aves para pór os ovos, chocalos e criar os pitiños.
    1. s m ZOOL Construción ou sitio resgardado onde algúns animais poñen os ovos e crían os pequenos, como as formigas, as abellas, certos peixes e algúns roedores.
    2. s m ZOOL Construción ou sitio resgardado onde algúns animais habitan agrupados ou pasan a letarxia.
    3. niño de abella TECNOL Estrutura con retículas hexagonais, semellante á dos niños das abellas.
  2. s m col Casa ou vivenda familiar.
  3. s m Lugar onde se atopan un grupo de persoas ou cousas que se consideran perigosas e prexudiciais.
  4. s m Lugar onde se amorean e agochan cousas.
  5. s m BÉL Lugar, máis ou menos fortificado e ocupado de soldados, que adoita estar armado.
  6. XEOL Ocos que se forman no granito debido á disolución ou disgregación dos seus compoñentes.
  7. BIOL Construción de cría do cirrio salangana que está formada por cuspe e que son recolectadas para a elaboración de sopas por algúns pobos asiáticos.
  8. FUNGO Fungo en forma de copa ou de niño, da familia das nidulariáceas, de cor escura e tomentoso por fóra, e de cor gris e estriado por dentro, que medra sobre madeira vella e na terra dos bosques.

Sinónimos

Citas

  • Aínda que non se leva ben cos irmáns todas as noites regresa ao niño
  • Nesa árbore había un niño de xílgaro
  • No burato do xardín había un niño de víboras

Formas incorrectas

nido

Palabras vecinas