sfPequenos cristais de xeo que proceden da conxelación da auga das nubes e que caen sobre a terra en forma de folerpas.
neve en poMasa granulosa e chea de burbullas de aire que corresponde a un estadio intermedio entre a neve e o xeo, que se forma por sucesivas fusións e recristalizacións en zonas onde se acumulan importantes espesuras de neve.
sfIMAXImaxe que aparece na pantalla dun televisor ou dun radar e que é causada por problemas co sinal.
Refranes
A neve enriba da lama logo trae a auga.
Abriga a neve ao trigo como abriga unha nai ao seu fillo.
Ano de nevadas, ano de fomadas.
Ano de neves, ano de bés, se na túa casa os tes.
Ano nevento, ano farturento.
Cando na beiramar neva ¡que fará na serra!
Cando na ribeira neva ¡como nevará na serra!
Día de san Nicolás está a neve de pao en pao e, se non, no chao.
Día.de san Nicolau está a neve de pau en pau e, se non, está no chau.