neo-

< gr νεός ‘novo’
  1. pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘novo’.
  2. pref XEOL/PALEONT Forma prefixada que se emprega na formación de palabras para indicar a última subdivisión dun período.
  3. pref QUÍM
    1. Forma prefixada que se emprega na formación de palabras para indicar que un composto ten relación con outro obtido anteriormente.
    2. Forma prefixada que se emprega na formación de palabras para indicar que nun composto, polo menos un átomo de carbono, está enlazado directamente con outros catro átomos de carbono.

Citas

  • neoarsfenamina
  • neocimerio
  • neoloxismo