sfFenómeno atmosférico que se produce cando unha porción de aire leva en suspensión partículas de auga, que proveñen da condensación do vapor da atmosfera, en densidade suficiente para que a visibilidade sexa inferior a un quilómetro.
néboa altaCapa de néboa que non está en contacto co chan.
néboa baixaNéboa de radiación de baixo nivel que se forma particularmente nos vales.
néboa húmidaNéboa cun grao higrométrico moi alto que humedece os obxectos.
néboa mexonaNéboa da que cae unha precipitación apreciable, en forma de gotas finísimas.
néboas de arrefriamento directo/de radiaciónNéboas que se ocasionan polo arrefriamento nocturno dunha capa de aire estancado, debido ao paso dunha masa de aire relativamente cálida e húmida por riba dun solo frío.
sfMEDMancha situada na córnea do ollo que dificulta a visión.