muxílido -da

< lat científico Mugil
Pliral: muxílidos Masculino: muxílido Masculino plural: muxílidos Femenino: muxílida Femenino plural: muxílidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos muxílidos.
  2. s m ANIMAL/ICT Peixe da familia dos muxílidos.
  3. s m pl ANIMAL/ICT Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo afusado e robusto, de cabeza plana pola parte superior, de beizos carnosos e de dentes pequenos. Son peixes de costumes peláxicos, que se alimentan de invertebrados e de algas e poden penetrar en zonas de polución doméstica e en portos.

Palabras vecinas