muxe

< lat mugĭle
Pliral: muxes
  1. s m ANIMAL/ICT Nome dado a diversas especies de peixes da familia dos muxílidos. Teñen o corpo alongado, a cabeza e a boca grandes e a cor adoita ser gris azulada. Son animais peláxicos, de hábitos gregarios e aliméntanse de detritus e pequenos organismos.
  2. muxe común ANIMAL/ICT Muxe cunha mancha escura na inserción das aletas pectorais. É o muxe que máis se interna nos ríos.
  3. muxe negro ANIMAL/ICT Muxe de cor máis escura ca os outros. É moi habitual observalo en peiraos, onde se alimenta dos detritus que se atopan na lama.
  4. muxe saltón ANIMAL/ICT Muxe cunha mancha dourada sobre os opérculos. Cotízase máis ca os outros debido á súa menor afluencia a lugares contaminados.

Sinónimos