mutación

< lat mutatĭōne
Pliral: mutacións
  1. s f Acción e efecto de mutar.
  2. s f ESPECT Cambio de decoración en teatro.
  3. s f CLIMAT Cambio moi notable de temperatura.
  4. XEN
    1. s f Alteración permanente dun ou máis caracteres hereditarios como consecuencia dun cambio no material xenético dunha célula, que se transmite ás células fillas.
    2. frecuencia de mutación Proporción dun tipo de mutantes que se atopan presentes nun momento dado nunha poboación celular en crecemento, e que depende da taxa de mutación e do grao de selectividade do medio.
    3. taxa de mutación Probabilidade de que unha célula dunha poboación celular en fase de crecemento sufra de xeito espontáneo un tipo específico de mutación.