mustélido -da

< lat científico Mustela
Pliral: mustélidos Masculino: mustélido Masculino plural: mustélidos Femenino: mustélida Femenino plural: mustélidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos mustélidos.
  2. s m ANIMAL Mamífero da familia dos mustélidos.
  3. s m pl ANIMAL Familia de mamíferos, da orde dos carnívoros, de tamaño medio ou pequeno, que presenta o corpo alongado e glándulas odoríferas moi desenvolvidas na zona do ano. Teñen patas curtas, orellas reducidas e presentan cambios na coloración da pel segundo as estacións.