muro

< lat muru
Pliral: muros
  1. CONSTR
    1. s m Parede grosa que soporta o peso dun edificio ou que limita verticalmente o interior.
    2. muro cortina Parede que constitúe, nos edificios feitos de ferro e formigón armado, unha especie de cortina exterior que disimula os elementos estruturais do edificio.
    3. muro de contención Muro destinado a soportar o empuxe das terras dun terraplén.
    4. muro de revestimento Muro que cobre un terraplén ou protexe contra a erosión un noiro de terra.
    5. muro frontal Parede dunha volta que cerra os extremos.
    6. muro pantalla Muro que protexe contra o empuxe ocasional das augas ou do vento.
  2. s m XEOL Parte inferior dun estrato no seu estado orixinario.
  3. muro das lamentacións RELIX/HIST Muralla de pedras grosas, resto dos muros do antigo templo de Salomón, en Xerusalén, onde os venres se reúnen os xudeus para chorar pola destrución de Xerusalén, seguindo un costume que se remonta ao s I.

Sinónimos