movemento

< mover
Pliral: movementos
    1. s m FÍS Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.
    2. movemento ameboide BIOL Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola emisión de pseudópodos.
    3. movemento automático FÍS Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.
    4. movemento coreico PAT Movemento involuntario e rápido, que se produce sen causa aparente, en repouso e en acción, ilóxico e desordenado, observado nas distintas variedades da corea.
    5. movemento paratónico/inducido FÍS Movemento provocado por un factor externo que actúa como excitante.
  1. s m
    1. Alteración na maneira de ser.
    2. Primeira manifestación dun efecto ou dun sentimento.
  2. s m
    1. ARTE/LIT/MÚS Animación ou vivacidade dunha descrición literal, dunha obra de arte ou dunha peza teatral.
    2. ARTE Efecto da combinación das liñas, da luz e da sombra.
  3. s m ARTE/LIT/FILOS
    1. Conxunto de manifestacións artísticas ou ideolóxicas, cunha certa unidade de trazos característicos, que supoñen un cambio respecto á época anterior.
    2. Corrente de opinión ou tendencia artística que recolle e tipifica o movemento correspondente.
    3. Conxunto de persoas que integran un movemento, as súas actividades e as súas obras.
  4. ASTRON
    1. movemento aparente Movemento que un astro describe sobre a esfera celeste.
    2. movemento directo Movemento orbital dun corpo arredor do Sol, ou dun satélite arredor do correspondente planeta, que se produce no sentido oeste-leste.
    3. movemento diúrno Movemento aparente dun astro, realizado no sentido leste-oeste, causado pola rotación da Terra en torno ao seu eixe.
    4. movemento espacial Movemento dun astro no espazo.
    5. movemento propio Movemento aparente dunha estrela causado pola súa variación de posición da súa órbita no espazo e polo cambio de posición relativa entre a estrela e o Sol.
    6. movemento radial Compoñente do movemento dun astro na dirección da visual de observador, acercándose e afastándose da Terra.
    7. movemento retrógrado Movemento orbital de sentido oposto ao movemento directo.
  5. FÍS
    1. s m ariación, nun sistema material, co tempo da súa posición respecto a un sistema de referencia.
    2. movemento absoluto Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.
    3. movemento acelerado Movemento no que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.
    4. movemento circular uniforme Movemento no que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula.
    5. movemento harmónico Movemento periódico no que a lei de variación co tempo é unha función harmónica.
    6. movemento rectilíneo uniforme Movemento no que a velocidade é constante en módulo e a dirección e calquera aceleración é nula.
    7. movemento rectilíneo uniformemente acelerado Movemento no que o módulo da velocidade é variable e a dirección é constante, como tamén o módulo de aceleración que, ademais, ten a mesma dirección ca a velocidade.
    8. movemento vibratorio harmónico Movemento no que tanto a velocidade como a aceleración non son constantes.
  6. s m MAT Aplicación dun espazo métrico no que se conserva a distancia e na que o grupo de movementos do plano está xerado polas asimetrías axiais. Actualmente téndese a chamar isometría.
  7. s m BÉL Evolución de tropas.
  8. MÚS
    1. s m Grao da velocidade na interpretación dun segmento musical.
    2. s m Nome que se dá ás diferentes partes que forman unha composición musical.
    3. movemento contrario Movemento melódico que se establece entre dúas partes musicais, mentres unha ascende, a outra descende.
    1. s m POLÍT Corrente ou ideoloxía política.
    2. movemento agrario / HIST/POLÍT agrarismo.
    3. movemento militar / BÉL/POLÍT Sublevación militar contra un goberno constituído.
    4. movemento obreiro POLÍT Actuación da clase obreira para liberarse da explotación capitalista.
    5. movemento revolucionario / BÉL/POLÍT Movemento que busca a revolución.
  9. TRANSP
    1. s m Movemento da xente e dos coches que circulan nunha rúa.
    2. movemento dun porto Movemento de entrada e saída de naves nun porto.
  10. movemento da terra XEOL Desprazamento das masas continentais terrestres que, segundo as forzas que os producen, poden ser epiroxénicos e oroxénicos.
  11. movemento de terras CONSTR Conxunto de operacións de extracción e transporte de terra e rochas que se fai na preparación dun terreo para construír unha estrada ou unha vía férrea.
  12. movementos internacionais de capital ECON Transaccións de capital efectuadas entre países ou organizacións internacionais.

Palabras vecinas