anódico -ca

Pliral: anódicos Masculino: anódico Masculino plural: anódicos Femenino: anódica Femenino plural: anódicas
  1. adx Relativo ou pertencente ao ánodo ou que emana del.
  2. efecto anódico FÍS/QUÍM Incremento importante e súbito da voltaxe, na electrólise por ignición, que se produce cando a densidade de corrente anódica sobrepasa un certo valor crítico.
  3. lodos anódicos FÍS/QUÍM Nunha electrólise, lodos que se producen no espazo anódico ao desagregarse os ánodos solubles.
  4. raios anódicos FÍS Ións positivos, nun tubo electrónico, que se forman polas impurezas existentes na superficie do ánodo metálico cando o baleiro é moi elevado e o campo eléctrico moi intenso.