mosca

< lat musca
Pliral: moscas
  1. ANIMAL/ENTOM
    1. mosca dourada Insecto, da familia dos crísidos, da orde dos himenópteros, coa cabeza e o tórax azuis e o abdome encarnado. Poñen os ovos dentro dos niños de abellas e de avespas.
    2. mosca común Insecto, da familia dos dípteros, de cabeza negra e corpo gris con bandas negras. Habita en ambientes humanizados, é moi prolífica e pode ser un vector de enfermidades.
    3. mosca da carne Insecto da familia dos dípteros. É coñecida por deixar os seus ovos en carne en descomposición, que alimentará as larvas que sairán dos ovos.
    4. mosca tse-tse Insecto da familia dos dípteros, coñecido por inocular, en persoas e gando, un tripanosoma que provoca a enfermidade do sono.
    5. s f Nome dado a unha gran diversidade de insectos da familia dos dípteros e a algúns doutras familias de insectos.
    6. mosca abellón Nome que reciben os dípteros da familia dos bombílidos. Teñen unha gran trompa que utilizan para succionar o néctar das flores.
    7. mosca da froita/do vinagre Nome co que é coñecida a Drosophila melanogaster, de pequeno tamaño e moi utilizada en xenética.
    8. mosca das pedras plecóptero.
    9. mosca de maio Nome que reciben os insectos da orde dos efemerópteros.
    10. mosca escorpión mecóptero.
    11. mosca serpe rafidióptero.
  2. s f PESCA Mosca artificial, que intenta semellarse ás efémeras, utilizada para a pesca fluvial.
  3. moscas voantes PAT Fenómeno subxectivo que consiste na aparición de puntos negros no campo visual.

Sinónimos

Frases hechas

  • Caer/Morrer coma moscas. En gran cantidade.
  • Non ser capaz de matar unha mosca. Ser inofensivo.
  • Papar moscas. Estar distra

Refranes

  • A picada de mosca, peza de lenzo.
  • As moscas no verán comen o mel e comen o gando.
  • Con cazola que ferve ningunha mosca se atreve.