morcego

< lat mure ‘rato’ + caecu ‘cego’
Pliral: morcegos
  1. s m ANIMAL Mamífero voador, da orde dos quirópteros, que presenta as ás e a cola recubertas pola pel. Presenta hábitos nocturnos e aliméntase de insectos ou froita e oriéntase mediante un sistema de resonancia. Pertence á familia dos rinolófidos, dos vespertiliónidos e dos molósidos.
  2. morcego da fraga ANIMAL Quiróptero, da familia dos vespertiliónidos, que presenta tamaño medio, fociño e orellas anchas e curtas. Vive en zonas boscosas e de montaña.
  3. morcego de ferradura ANIMAL Morcego, da familia dos rinolófidos, do xénero Rhinolophus, que se caracteriza por posuír un nariz con excrecencias cutáneas a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocación. OBS: Tamén se denomina rinolofo.
  4. morcego de monte ANIMAL Morcego, da familia dos vespertiliónidos, que presentan orellas curtas e anchas e pelame escuro. Viven na montaña repousando en ocos de árbores e nichos rochosos.

Formas incorrectas

murciélago