moral

< lat morāle
Pliral: morais
    1. adx Que se refire aos costumes, aos actos e aos pensamentos humanos respecto da súa bondade ou maldade.
    2. filosofía moral FILOS ética.
  1. adx Que se comporta segundo os principios da moral e os sentimentos.
  2. adx Relativo ou pertencente ao espiritual, por oposición ao material.
  3. s f Comportamento, acción ou obriga que responde ao que é moral.
  4. s f p ext Ánimo, capacidade de se manter firme na actitude que se considera máis propia e digna.
  5. s f FILOS Ciencia que determina a rectitude e o sentido do comportamento humano segundo uns principios normativos dos que derivan uns deberes e unhas obrigas.
  6. s f Lección de conduta que se desprende dunha fábula, dunha narración ou de calquera outro escrito con intención didáctica.

Citas

  • A moral da xente minguou con tanta fraude
  • Non ten forza moral para seguir loitando coa enfermidade
  • Publicou un libro de poesía moral
  • Sempre mostra unha conduta moral, debido á súa educación
  • Ten a certeza moral de que é inocente
  • Viuse no deber moral de axudalo