monoclínico -ca

< mono- + κλίνειν ‘inclinar’
Pliral: monoclínicos Masculino: monoclínico Masculino plural: monoclínicos Femenino: monoclínica Femenino plural: monoclínicas
  1. adx FÍS Que ten unha soa inclinación oblicua dos eixes.
  2. adx Relativo ou pertencente ao sistema monoclínico.
  3. sistema monoclínico FÍS Sistema cristalino formado por tres clases cristalinas. A clase de máis simetría, a holoedria monoclínica, posúe un eixe binario, un plano de simetría perpendicular ao eixe mencionado e un centro de simetría, e é a clase na que cristaliza un número máis grande de compostos.