molusco

< lat molluscu ‘brando’
Pliral: moluscos
    1. adx Relativo ou pertencente aos moluscos.
    2. s m ANIMAL Animal do grupo dos moluscos.
    3. s m pl ANIMAL Rama de animais metazoos, triploblásticos, celomados, protostomados, de simetría bilateral, co corpo mol, xeralmente non segmentado, mucoso e provisto dunha pregadura dorsal (manto) que delimita unha cavidade (cavidade palial) entre el e a superficie dorsal. O manto pode segregar unha cuncha provista dunha ou máis partes. Xeralmente, o corpo está dividido en tres rexións, cabeza, masa visceral e pé, aínda que esta disposición sofre moitas variacións nalgúns grupos.
  1. PAT
    1. s m Afección da pel que se caracteriza principalmente pola formación de pequenos tumores subcutáneos, moles e redondos.
    2. molusco contaxioso Dermatose infecciosa e autoinoculable, causada por un virus de grandes dimensións que presenta pequenos nódulos múltiples, dunha cor branca ou rosada, e que afecta principalmente á cara.