molibdeno

< lat molybdaena gr μολ ύ βδαινα ‘anaco de chumbo’
Nombre científico: Mo Pliral: molibdenos
  1. s m QUÍM Elemento metálico que pertence ao grupo VI A da táboa periódica, de número atómico 42 e peso atómico 95,94. É de cor branca agrisada, atópase na natureza en forma de minerais como a molibdenita ou a wulfenita, e está presente en todos os seres vivos. Ademais, actúa como catalizador na fixación de nitróxeno nas leguminosas e na síntese da clorofila e ten aplicacións na industria da electrónica.