molécula

< lat científico molecŭla, dim de mole
Pliral: moléculas
  1. s f QUÍM Agregado de átomos enlazados entre eles quimicamente, electricamente neutro que pode estar formado por un número ben definido e en xeral pequeno de átomos (moléculas discretas), ou ben por agregados de átomos ou ións que existen indefinidamente no espazo, sexa nunha dirección (cadeas infinitas), en dúas direccións (capas infinitas) ou en tres direccións (estruturas tridimensionais infinitas). Nestes últimos casos, as moléculas chámanse moléculas xigantes.