molde

< cat antigo motle
Pliral: moldes
  1. s m Peza cunha cavidade na que se introduce unha substancia en forma de po, pasta ou líquido para que, ao pasar ao estado sólido, colla a forma da cavidade.
  2. s m CONSTR encofrado.
  3. s m XEOL Figura dalgunha estrutura ou animal que queda nun sedimento ao consolidarse.
  4. s m GRÁF Composición seguida ou complexa, que pode estar integrada por texto, signos, ilustracións ou outros elementos gráficos, e que unha vez axustada e unida forma a páxina ou paquete que será impreso.